George Minot

George Richards Minot
Datos persoais
Nacemento2 de decembro de 1885
LugarBoston, Massachusetts
Falecemento25 de febreiro de 1950 (64 anos)
LugarBoston, Massachusetts
ResidenciaEstados Unidos de América
NacionalidadeEstados Unidos de América
Actividade
CampoMedicina
Alma máterUniversidade Harvard
Contribucións e premios
Coñecido porTratamento contra a anemia perniciosa
PremiosPremio Nobel de Medicina (1934)
editar datos en Wikidata ]

George Richards Minot, nado en Boston, Massachusetts o 2 de decembro de 1885 e finado no mesmo lugar o 25 de febreiro de 1950, foi un médico estadounidense. Foi asistente na Universidade Johns Hopkins, sendo galardoado co Premio Nobel de Medicina en 1934 canda William Parry Murphy e George H. Whipple, polos seus traballos relacionados coa anemia.

Traxectoria

Durante a súa vida como profesional publicou varios traballos sobre diversos temas como o cáncer, a artrite e as deficiencias alimenticias. Non obstante, foi aínda máis lonxe no estudo da coagulación do sangue, a transfusión, as plaquetas e certas desordes asociadas coa anemia prolongada. Tamén estudou a condición do sangue en certos casos do envelenamento industrial.

Entre os seus intereses estaban tamén a leucemia e as desordes dos tecidos finos linfáticos, mais as súas contribucións máis importantes son os seus estudos sobre a anemia. O seu nome está intimamente ligado á terapia da anemia perniciosa, dado que foi o primeiro en interesarse por ela, en 1914. Con todo, non será até máis tarde que, xunto a George Hoyt Whipple e Willian Murphy, describiron un tratamento eficaz para esta enfermidade.

A anemia perniciosa está causada pola carencia dunha proteína producida polo estómago (factor intrínseco) que lle axuda ao corpo a absorber a vitamina B12. Cando o estómago non ten a suficiente cantidade desta proteína non pode absorber a vitamina axeitadamente. A vitamina B12 é necesaria para que as células nerviosas e sanguíneas funcionen ben.

Minot, posteriormente, en colaboración con Edwin Cohn, estendeu os estudos que realizara con Whipple e Murphy. Agregou por exemplo ao coñecemento as funcións gastrointestinais e a terapia do ferro para a anemia, entre outros aspectos.

Véxase tamén

Ligazóns externas