Irving Langmuir

Irving Langmuir
Irving Langmuir
Datos persoais
Nacemento31 de xaneiro de 1881
LugarNova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento16 de agosto de 1957
LugarWoods Hole, Massachusetts Estados Unidos de América Estados Unidos
Causadoenza cardiovascular
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
Campo
  • Química
  • Física
  • Alma máter
  • Universidade de Columbia
  • Universidade de Göttingen
  • Director de tese
  • Walther Hermann Nernst
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Ecuación de Langmuir
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1932)
  • Medalla Perkin
  • editar datos en Wikidata ]

    Irving Langmuir, nado en Brooklyn (Nova York) o 31 de xaneiro de 1881 e finado en Woods Hole (Massachusetts) o 16 de agosto de 1957, foi un físico e químico estadounidense coñecido polo seu traballo en distintos campos da química e galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1932.

    Biografía

    Estudou Física e Química na Universidade de Columbia, onde se licenciou en 1903 en enxeñaría metalúrxica, e posteriormente na Universidade de Göttingen, onde se doutorou baixo a supervisión de Walther Hermann Nernst en 1906.

    Desde 1932 ata a súa xubilación en 1950, foi director adxunto do laboratorio de investigación da General Electric Company.

    Investigacións científicas

    Iniciou as súas investigacións no desenvolvemento das lámpadas de tungsteno, descubrindo a alta luminosidade do filamento deste elemento químico rodeado dun gas inerte como o argon. Este foi un paso moi importante no desenvolvemento da lámpada eléctrica convencional de filamento, xa superada polas chamadas lámpadas de baixo consumo.

    Irving Langmuir e Willis Rodney Whitney

    Tamén traballou na obtención de baleiros, ideando a bomba de condensación de mercurio, ao observar como os electróns emitidos por un cátodo incandescente nun recinto que se atopa a unha presión moi baixa, mantéñense ao redor do cátodo formando unha nube electrónica. Puido comprobar como a carga negativa dos electróns impedía o fluxo de corrente eléctrica, polo cal inventou o radiotrón e outros dispositivos electrónicos que, unidos ao revestimento de torio dos filamentos emisores, contribuíron a mellorar a radidifusión de onda curta.

    Deduciu a isoterma de adsorción que leva o seu nome das súas investigacións sobre a cinética das reaccións gasosas e, máis especialmente, da velocidade de absorción das moléculas dos gases a baixas presións. Así mesmo traballou no aparello de descarga de electróns e no soplete de hidróxeno atómico.

    Langmuir e o seu colega estadounidense Gilbert Lewis desenvolveron unha teoría da interacción química e a valencia baseada na estrutura do átomo, coñecida como teoría de Langmuir-Lewis. A investigación de Langmuir na física das nubes conduciulle á estimulación artificial da choiva.

    En 1932 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións na química de superficie.

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Carl Bosch
    Friedrich Bergius
    Premio Nobel de Química

    1932
    Sucesor:
    Harold Clayton Urey