John Bennett Fenn

Modelo:BiografíaJohn Fenn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1917 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Richmond, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBerea Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHackensack (pt) Traducir
Nova York
Berea (pt) Traducir
Anniston (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónBerea College (pt) Traducir - química (1934–1937)
Universidade Yale - química Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale
Universidade da Mancomunidade de Virxinia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Fenn, John B., 1917-2010, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Fenn-992 Find a Grave: 62862758 Editar o valor en Wikidata

John Bennett Fenn, nado o 15 de xuño de 1917 en Nova York e finado o 10 de decembro de 2010 en Richmond, Virxinia,[1] foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2002.

Traxectoria

Estudou química no Berea College, onde se graduou en 1947. Doutorouse en Química pola Universidade Yale en 1940, e a partir de 1952 dedicouse á docencia. Entre aquel ano e 1967 foi profesor de química na Universidade de Princeton, e despois foi catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Yale entre 1967 e 1987. Ata o momento da súa morte exercía como enxeñeiro de investigación na Virginia Commonwealth University.

Faleceu o 10 de decembro de 2010 en Richmond, Virxinia, aos 93 anos.

Investigacións científicas

En 1988 publicou o método ESI (Electro Spray Ionization), unha nova técnica baseada na espectroscopia de masas que permite detectar e analizar as proteínas. Este descubrimento permitiu comprender mellor os procesos vitais e aumentar rapidamente a velocidade coa cal os novos compostos farmacéuticos complexos poderían ser avaliados, conducindo directamente ao desenvolvemento das medicacións para deter o avance do sida (inhibidores de protease) desenvolvida na década de 1990.

En 2002 compartiu o premio Nobel de Química, xunto co xaponés Koichi Tanaka e o suízo Kurt Wüthrich, por o desenvolvemento de métodos de identificación e de análise estrutural de macromoléculas biolóxicas que contribuíron a unha mellor comprensión dos procesos vitais.

Notas

  1. "Chemistry Nobel laureate dies in Vai." (en inglés). 10 de decembro de 2010. Consultado o 11 de decembro de 2010. [Ligazón morta])

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless
Premio Nobel de Química

2002
con
Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich
Sucesor:
Peter Agre
e
Roderick MacKinnon