Otto Diels
| Nome orixinal | (de) Otto Diels |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 23 de xaneiro de 1876 Hamburgo (Alemaña) |
| Morte | 7 de marzo de 1954 Kiel, Alemaña |
| Lugar de sepultura | Ulsnis Cemetery (en) |
| Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
| Director de tese | Hermann Emil Fischer |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Química |
| Ocupación | químico, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Kiel (pt) Universidade Humboldt de Berlín |
| Membro de | |
| Profesores | Hermann Emil Fischer |
| Obra | |
| Doutorando | Karl Wilhelm Rosenmund (pt) |
| Familia | |
| Pai | Hermann Diels |
| Irmáns | Ludwig Diels Paul Diels |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
Otto Paul Hermann Diels, nado o 23 de xaneiro de 1876 en Hamburgo, finado o 7 de marzo de 1954 en Kiel, Schleswig-Holstein (Alemaña), foi un químico alemán gañador do Premio Nobel de Química en 1950 compartido con Kurt Alder.
Biografía
Foi fillo dun profesor de filoloxía da universidade de Berlín. Otto Diels estudou química nesa mesma universidade entre 1895 e 1899, conseguindo o doutoramento este último ano. Tras pasar por diferentes posicións ascendeu a profesor e xefe do departamento de química en 1915. Ao ano seguinte, tomou o posto de profesor de Química na Universidade de Kiel, cargo que non deixou até a súa xubilación en 1945.
Dous dos seus fillos morreron na segunda guerra mundial.
Diels faleceu o 7 de marzo de 1954 na súa residencia de Kiel, cidade situada no estado alemán de Schleswig-Holstein.
Investigacións científicas
En 1906 descubriu un novo óxido de carbono extremadamente reactivo, o anhídrido malónico.
Tamén cabe destacar a síntese do esteroide, as de reaccións de deshidroxenación con selenio, as de α-Dicetona, así como de uretano. O seu traballo máis famoso fíxoo en colaboración co seu alumno Kurt Alder, sobre a reacción que leva os seus respectivos nomes: a reacción de Diels-Alder. Recibiron o Premio Nobel de química en 1950 polo seu descubrimento e desenvolvemento da síntese do dieno.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1950 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: William Francis Giauque |
Premio Nobel de Química 1950 compartido con Kurt Alder |
Sucesor: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg |