Solla

Solla, solla de altura
Pleuronectes platessa
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Pleuronectinae
Xénero: Pleuronectes
Especie: P. platessa
Nome binomial
Pleuronectes platessa
Linnaeus, 1758

A solla,[1] tamén coñecida como solla de altura,[2][3][4] Pleuronectes platessa, Linnaeus, 1758, é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Pleuronectes,[5] que vive nas costas do Atlántico, sobre fondos areosos ou lamacentos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até o Mediterráneo occidental (golfo de León), así como nas costas de Islandia e do sur de Groenlandia.[4]

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado (dereito), na cara pigmentada.

Taxonomía

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[5]

Ao longo da historia foi coñecida polos seguintes sinónimos:[5]

  • Platessa latus Cuvier, 1829
  • Platessa platessa (Linnaeus, 1758)
  • Platessa vulgaris Cloquet, 1826
  • Pleuronectes borealis Faber, 1828
  • Pleuronectes latus Cuvier, 1829
  • Pleuronectes platessa baltica Nilsson, 1855

Estado de conservaión

Segundo a UICN, o status actual da especie é LC (pouco preocupante).[6]

Notas

  1. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83.
  2. Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 187.
  3. Rodrígue Villanueva et al. (1995), pp, 302-303.
  4. 4,0 4,1 Muus, Bent J. et al (1998), 264-265.
  5. 5,0 5,1 5,2 Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  6. Pleuronectes platessa Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Clover, Charles (2004): The End of the Line: How Overfishing Is Changing the World and What We Eat. Londres: Ebury Press. ISBN 0-09-189780-7
  • Gibson, Robin N.; Nash, Richard D. M., Geffen, Audrey K. & Van der Veer, Henk W., eds. (2015): Flatfishes: Biology and Exploitation, 2ª ed. John Wiley & Sons Ltd. ISBN 1-1185-0119-1.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.

Outros artigos

Ligazóns externas