Ralf Dahrendorf
Ralf Dahrendorf | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1929 |
Lugar de nacemento | Hamburgo |
Falecemento | 17 de xuño de 2009 |
Lugar de falecemento | Colonia |
Causa | cancro |
Soterrado | Cemitério de Ohlsdorf |
Nacionalidade | Reino Unido e Alemaña |
Alma máter | Universidade de Hamburgo, London School of Economics e Universidade do Sarre |
Ocupación | filósofo, político, sociólogo, politicólogo e profesor universitario |
Pai | Gustav Dahrendorf |
Nai | Lina Witt |
Cónxuxe | Ellen Dahrendorf |
Premios | Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Knight Grand Cross of the Order of Leopold II (Belgium), Knight Commander of the Order of the British Empire, Order of Merit of the State of Baden-Württemberg, Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, Sigmund Freud Prize, Schader Award, Reinhold Maier Medal, Medalla Goethe, Grand Cross of the Order of Merit of the Grand Duchy of Luxembourg, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, honorary doctor of the University of Warsaw, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, Theodor Heuss Preis, Pour le Mérite, Grand Cross of Honor for Services to the Republic of Austria, Premio Princesa de Asturias, Membro da Academia Britânica e Walter Hallstein Prize |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ralf Gustav Dahrendorf, nado en Hamburgo o 1 de maio de 1929 e finado en Colonia o 17 de xuño de 2009, foi un sociólogo, filósofo, politicólogo e político xermano-inglés. Está considerado un dos creadores da teoría do conflito social.
Traxectoria
Estuda filosofía, filoloxía clásica e socioloxía en Hamburgo entre 1947 e 1952, conseguindo o doutoramento nesta universidade este último ano. Amplía seguidamente estudos na London School of Economics. Máis tarde se dedicará á docencia: en 1957 empeza na Universidade de Hamburgo; en 1960 vai á Universidade de Tubinga; en 1966 á de Constanza, onde estará ata 1969. Do seu labor destaca a súa achega para a creación da Comunidade Europea. É autor de importantes traballos como Soziale Klassen und Klassenkonflikt in der industriellen Gesellschaft (1973), onde analiza os problemas da sociedade poscapitalista.
Entre 1974 e 1984 foi director da London School of Economics e entre 1987-1997 Decano de St. Anthony's College na Universidade de Oxford.
En 1993 foi nomeado sir co título de Barón Dahrendorf de Clare Market na Cidade de Westminster pola raíña Isabel II. En 2007 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais.
Teoría sociolóxica
A partir do estudo das clases sociais descritas por Karl Marx os estudos de Dahrendorf promoven a creación de sociedades abertas e universalistas con dereitos humanos e civís para toda a humanidade.
Interesado nas teorías da sociedade e os factores do conflito, afirma que a tendencia ao conflito é innata no sistema: a aparición de grupos con poder xera diversos intereses, e polo tanto é o xerador dos conflitos. O poder para Dahrendorf determina a estrutura social da poboación. As normas, mantidas polo "poder", definen os criterios da desestabilización social, que non son máis que as cousas (valores, estatutos, ambicións...) designadas pola colectividade. Así contribúen a estabelecer unha orde xerárquica de estamentos sociais. Para Dahrendorf o concepto de "autoridade" tamén é un dos responsábeis dos desequilibrios sociais.
Para poder realizar a mobilización e a protesta social, Dahrendorf enumera catro requisitos básicos:
- requisito técnico: un fundador, unha ideoloxía ou un estatuto.
- requisito político: o liberalismo, a excepción do totalitarismo, favorece a protesta.
- requisito social: a concentración xeográfica dos membros do grupo e a súa facilidade de comunicación.
- requisito psicolóxico: os intereses a defender deben ser reais.
O conflito aparecerá, finalmente, entre o que dá ordes e o que as recibe.
Obras
- Soziale Klassen und Klassenkonflikt in der industriellen Gesellschaft (Clases e conflitos de clases na sociedade industrial) (1973).