Século -XIV

século XV adC < século XIV adC > século XIII adC

O século XIV antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1400 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1301 a. C.

O Coloso de of Memnón norte.

Acontecementos

  • Arredor do 1400 a.C.: en Creta a cultura micénica alcanza o seu auxe. Abandónase o palacio de Knossos.
  • 1400 a.C.: o Palacio de Minos é destruído por un incendio.
  • 1400 a.C.: os asirios vólvense moi poderosos ao expulsar aos hurrites.
  • 1400 a.C.: en Hattusa "sobre a moderna vila de Boghazköy (distrito de Çorum) (Turquía) - constrúese a Porta do León.
  • 1400 a.C.: na China a dinastía Shang está en expansión.
  • 1397 a.C.: Pandión I, lendario rei de Atenas, morre despois de 40 anos de reinado e o sucede o seu fillo Erecteo II.
  • 1385 a.C.: en Exipto, o faraón Amenhotep III casa con Tiy.
  • 1380 a.C.: O faraón Amenhotep II conecta o río Nilo e o Mar Vermello a través dunha canle.
  • 1375 a.C. (3 de maio): na China, rexístrase unha eclipse solar, "O Sol está avergoñado, estivo oculto durante o día." [1]
  • 1372 a.C.: os hititas conquistan todo o reino de Mitani, ao oeste do Éufrates.
  • 1365 a.C. (± 5 anos): en Ugarit (Siria) prodúcese un terremoto (datado polas ruíñas). O subsecuente tsunami e un incendio destrue toda a cidade.
  • 1365 a.C.: en Asiria, Ashur-uballit I convértese en rei.
  • 1357 a.C.: en Dinamarca enterrase a a nena de Egtved.
  • 1347 a.C.: o lendario rei Erecteo II de Atenas é alcanzado por un lóstrego, morrendo, logo de reinar 50 anos. Sucédelle o seu irmán máis novo Cécrops II.
  • 1346 a.C.: o faraón Amenhotep IV comeza o seu culto a Atón e comeza a construír o súa nova capital: Ajetatón.
  • 1345 a.C.: o faraón Amenhotep IV pasa a denominarse Akhenatón.
  • 1346 a.C.: en Exipto nace Tutankhamon
  • 1336 a.C.: o faraón Akhenatón nomea a Smenejkara como o seu correxente.
  • 1336 a.C.: en Exipto, Tutankhamon convértese en rei con só 10 anos de idade.
  • 1334 a.C.: en Exipto morre Akhenatón.
  • 1334-1333 a.C.: Tutankhamon convértese en faraón e casa con Ankhesenamon, filla de Akhenatón e de Nefertiti.
  • 1331 a.C.: o faraón Tut-anj-Aton pasa a denominarse Tut-anj-Amun e abandona Ajetatón, devolvendo a capital a Tebas.
  • 1330 a.C.: en Asiria, Enlil-nirari convértese en rei.
  • 1327 a.C.: en Exipto morre Tutankhamon.
  • 1323 a.C.: en Exipto, Horemheb convértese en faraón.
  • 1319 a.C.: en Asiria, Arik-den-ili convértese en rei.
  • 1312 a.C. (24 de xuño): en Asia Menor, durante o reinado do rei hitita Mursili II hai un "mal presaxio do Sol" (un eclipse solar). [1]
  • 1310 a.C.: en Fríxia o rei Tungot sobe ao trono
  • 1307 a.C.: en Asiria sobe ao trono Adad-nirari I.
  • 1305 a.C. (5 de xuño): Na China existe un fenómeno astronómico ("tres lapas comeron o Sol") que podería ser un eclipse solar.[1]
  • 1303 a.C.: Seti I convértese en faraón de Exipto.
  • Cécrope II, lendario rei de Atenas, morre despois de reinar 40 anos. Sucédelle o seu fillo Pandión II. Este foi desterrado polos fillos de Metión (irmán ou sobriño de Cécrope II). Pandión fuxiu a Megara, onde casou coa filla do rei e finalmente herdou o trono. Despois da súa morte, os fillos de Pandión II volveron a Atenas e botaron aos fillos de Metion.
  • Arredor do 1300 a.C.: en Europa desenvólvese a Cultura dos Campos de Urnas.
  • 1300 a.C. (data máis probable): Batalla de Kadesh en Siria entre hititas e exipcios.
  • 1300 a.C.: os frixos destruen aos hititas.
  • 1300 a.C.: os amoritas conquistan aos hititas de Canaán.
  • 1300 a.C.: aparecen os ilirios.
  • 1300 a.C.: en Xordania establécense os amonitas.
  • 1300 a.C.: no Mar Morto fúndase Edom.
  • 1300 a.C.: na China, Pangeng trasladou a capital da dinastía Shang a Yin.
  • Arredor do 1300 a.C.: algúns pobos dos bosques orientais (nos Estados Unidos actuais) comezan a construír enormes obras de terra, montes de terra e pedra. En Poverty Point (estado de Luisiana) atópase o máis antigo.
  • Arredor do 1300 ao 1200 a.C.: en Micenas ( Grecia) constrúese o tesouro de Atreo. Escavado por Christos Stamatakis en 1878.
  • Arredor do 1300 ao 1200 a.C.: constrúese o palacio de Pilos.
  • Arredor do 1300 ao 1100 a.C.: en Micenas (Grecia) un artesán realiza o Vaso do Guerreiro. Actualmente atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.

Caracteres

Notas

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 «The Ancient World, B.C.», listado no sitio web Phenomena.org.uk (Landmarks of World History. A Chronology of Remarkable Natural Phenomena).

Véxase tamén

Ligazóns externas