Tito Flavio Sabino Vespasiano

Tito
Nacemento41, 30 de decembro de 40, 30 de decembro de 41 e 30 de decembro de 39
Lugar de nacementoRoma
Falecemento13 de setembro de 81
Lugar de falecementoAquae Cutiliae
SoterradoMausoleo de Augusto
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico e militar
PaiVespasiano
NaiDomitila a Maior
CónxuxeArrecina Tértula e Márcia Furnila
FillosJúlia Flávia e Flavia
IrmánsDomiciano e Domitila a Menor
Na rede
WikiTree: Augustus-93 Find a Grave: 34618192 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
O Amphitheatrum Flavium, coñecido como o Coloseo
O Arco de Tito en Roma

Titus Flavius Sabinus Vespasianus, nado o 30 de decembro de 39 e finado o 13 de setembro de 81 foi un emperador romano. No ano 79, á morte do seu pai Vespasiano, quen foi divinizado, foi nomeado o seu sucesor. É o segundo emperador da dinastía Flavia.

Traxectoria

Tito seguira unha brillante carreira militar en Britania e Xermania e sufocou a rebelión xudía no ano 70. Despois de todos estes feitos, foi nomeado César e o seu pai asociouno ó goberno.

A destrución do templo de Xerusalén, a súa lendaria xenerosidade e bondade de carácter e os seus contrariados amores con Berenice, irmá do rei xudeu Agripa II, converteron a Tito en protagonista de dramas e óperas.

Pero gobernou pouco tempo, apenas dous anos, e o seu paso pola escena política carece de relevo e interese.

A fama das súas boas cualidades humanas venlle dos seus desvelos por auxiliar as vítimas da erupción do Vesuvio no ano 79, e a destrución das cidades de Pompeia e Herculano e cos damnificados do incendio que un ano despois sufriu a propia Roma. Morreu de forma prematura no ano 81.

Imperio Romano

Segue a:
Vespasiano
Tito (emperador)
(79-81)

Precede a:
Domiciano
Dinastía Flavia