Volinia

Modelo:Xeografía políticaVolinia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 50°44′20″N 25°19′24″L / 50.7389, 25.3233Coordenadas: 50°44′20″N 25°19′24″L / 50.7389, 25.3233

Volinia[1] (en ucraíno: Волинь, Volyn; en polaco: Wołyń; en ruso: Волынь, Volyn’; tamén chamada nalgúns textos Volynia ou Volhynia e, en certos momentos da historia, Lodomeria) é unha rexión histórica do oeste de Ucraína localizada entre os ríos Prípiat e Bug Occidental, ao sur de Polesia, até o norte da rexión centroeuropea de Galicia e de Podolia.

A zona é unha das primeiras rexións nas que habitaron os pobos eslavos. Parte da histórica Volinia forma hoxe as óblast de Volyn, Rivne e partes das óblast de Zhytomyr e Ternopil en Ucraína, así como partes de Polonia (como Chelm).

As súas principais cidades son Lutsk (a capital histórica), Zhytomyr, Kovel, Kremenets e Novohrad-Volynsky.

Historia

Castelo de Lubart (Lutsk) onde residían os príncipes medievais de Volinia.
Castelo de Olyka.
Gran Sinagoga. Lutsk.

Os protoeslavos diferenciáronse dos celtas e os xermanos nun longo período que vai do III milenio a. C. ao (aproximadamente) ano 1000 a.C. Desde o primeiro milenio antes da nosa era xa se encontran os tazos culturais que caracterizarían aos eslavos, conxunto étnico que tivo un dos seus primeiros asentamentos en Volinia.

A primeira mención histórica da cidade de Halicz (actualmente Halych) data de 981, cando a Rus de Kíiv anexionou Volinia. En efecto, o inicio da historia escrita de Volinia coincide co de Galitzia (rexión que recibiu o seu nome precisamente do da cidade de Halych) ao xurdir o Principado de Halych-Volynia (Principado de Galicia-Volinia); o nome de Volinia deriva do territorio correspondente á cidade de Volodymyr. Estes dous Estados fusionados (xeralmente co nome de principado de Vladímir) sucederon á Rus de Kíiv do século XII ao XIV.

En 1206 o principado de Vladímir foi controlado, co nome de Lodomeria, polo rei húngaro André I; Lodomeria era unha latinización de Volodymyr.

Daniel Románovič Galitzky (ou Daniel de Halicz) constituíuse en rei de Galitzia e Volinia entre 1211~1264, aínda que tivo problemas para manter o seu poder a causa dos case feudais "señores" boiardos. Isto facilitou que o reino de Galitzia-Volinia fora obrigado a render vasalaxe aos khans tártaros-mongois da Horda de Ouro.

Despois do estalido do principado de Galitzia-Volinia contra 1340, Polonia e Lituania repartíronse a rexión entre 1352 e 1366. Polonia adquiriu Galicia e o oeste de Volinia, e o leste desta rexión pasou a poder lituano.

A partir de 1569 Volinia foi unha provincia da chamada República das Dúas Nacións (isto é, o reino da Unión de Polonia-Lituania). Nese período (de hexemonía polaca) numerosos polacos e xudeus establecéronse na rexión, ao tempo que se construían tanto igrexas católicas como ortodoxas. No século XVIII establecéronse menonitas.

Tras o Terceiro repartimento de Polonia (1795), a parte oriental de Volinia foi anexionada ao Imperio ruso, mentres que a parte occidental pasou a control do Imperio austríaco xunto coa Galicia constituíndo despois de 1867 no Imperio Austrohúngaro un principado subordinado de Austria chamado Reino de Galicia e Lodomeria. A finais do século XIX, estando Volinia baixo el poder do tsarato ruso, habitaban alí algo máis de 200.000 alemáns, a maior parte deles emigrados de territorios do polaco Reino do Congreso, e unha pequena cantidade de colonos checos instalouse na rexión.

En 1916, durante a primeira guerra mundial, Volinia (xunto coas rexións circundantes) foi invadida polo Segundo Reich. Tras a revolución rusa de 1917 e a conclusión formal da primeira guerra mundial, o territorio de Volinia foi un dos campos de batalla entre diferentes forzas: os comunistas do Exército vermello, os anticomunistas "brancos", os nacionalistas ucraínos, os nacionalistas polacos...

Contra 1920 o territorio estaba baixo dominio dos soviéticos, quedando formalmente sancionado tal control polos límites orientais outorgados entón a Polonia mediante a liña Curzon, pero en 1921, tras a Guerra polaco-soviética practicamente toda a metade occidental de Volinia pasou a formar parte do Krezy polaco, co nome de voivodato polaco de Volinia. Como reacción á ocupación da rexión occidental por Polonia, Stalin deportou entre 1935 e 1939 aos poboadores polacos de Volinia Oriental, o que constituíu a primeira deportación étnica na historia da URSS.[2]

Desois ds desintegración da Unión Soviética en decembro de 1991, a óblast soviética de Volyn formou parte da Ucraína independente. Dentro dela, Volinia apoiou a revolución laranxa de 2004, en contraste coas rexións orientais e meridionais do país.

Notas

  1. Entrada en DiGalego Arquivado 27 de agosto de 2018 en Wayback Machine. para o termo voliniano.
  2. Nikolaï F. Bugaï, Les Déportation des peuples d’Ukraine, de Biélorussie et Moldavie, Hg. v. Dittmar Dahlmann et Gerhard Hirschfeld, Essen, 1999, pp. 567–581.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Jones, Michael (2000): The New Cambridge Medieval History. Cambridge University Press. ISBN 0-521-36290-3.

Outros artigos

Ligazóns externas