1116
1116 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1116 MCXVI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1869 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 565 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3812 – 3813 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4876 – 4877 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1171 – 1172 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1038 – 1039 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4217 – 4218 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 494 – 495 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 509 – 510 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1366 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
- Afonso o Batallador concede o dereito de celebrar feira a Belorado.
- Primavera: Urraca trata de prender a Diego Xelmírez para apoderarse do erario da igrexa compostelá e rachar a súa alianza coa casa de Traba. O bispo, advertido por Pedro Froilaz, resgárdase en Compostela[1].
- Iníciase a guerra entre os partidarios galegos da raíña Urraca e os do seu fillo Afonso. Fernando Perez de Traba pon baixo asedio o Castelo de Lobeira[2].
- Pedro Froilaz e o seu pupilo Afonso Raimúndez regresan de Toledo. Afonso é ratificado como rei de Galiza e toma posesión do reino[3].
- Urraca marcha cos seus soldados polo camiño de Santiago. Os cidadáns de Compostela ábrenlle as portas da cidade e nomeana a súa "abadesa e señora"[4].
- O exército de Urraca marcha contra Gómez Núnez, conde de Toroño. No castelo de Sobroso é cercada polos exércitos de Pedro Froilaz e a súa irmá a condesa Tareixa[4].
- Outubro: A raíña Urraca vese obrigada a ceder ao seu fillo Afonso a autoridade nos reinos de Galiza e Toledo, mantendo ela o control dos restantes territorios[5].
Nacementos
Mortes
- Hugo II de Empúries
Notas
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 413–415.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 448–453.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL.
- ↑ 4,0 4,1 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 456–458.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 466–469.
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |