Indus

Indus
Indus
Nome latino Indus
Abreviatura Ind
Xenitivo Indi
Simboloxía O Indio Americano
Ascensión recta 21h h
Declinación −55º°
Área 294 graos cadrados

Rango 49

Número de estrelas

(magnitude < 3)

Ningunha
Estrela máis brillante (α Ind) O Persa

(magnitude ap. 3,11)

Choiva de meteoros

ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +15° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de setembro

Indus ou Indio[1] é unha constelación austral que se supón que representa a un indio americano. Epsilon Indi é unha das estrelas máis próximas á Terra, aproximadamente 11,82 anos luz.

Historia

É unha das 12 constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos de 1595 e 1597, e a súa primeira aparición é no libro Uranometria de Johann Bayer no 1603.

Mitoloxía

Dado que foi creada no século XVII e fica moi ó sur, non foi coñecida polas culturas clásicas, polo que non ten mitoloxía asociada.

Estrelas

Estrelas con nome propio:
(α Ind) 3,11 O Persa (ou Al Nair, ver α Gru)
< النائر an-na´ir A iluminada
(ε Ind) 4,69 Epsilon Indi – estrela moi próxima; ten unha compañeira anana binaria marrón
Estrelas con designación de Bayer:
β Ind 3,67; γ Ind 6,10; δ Ind 4,40; ζ Ind 4,90; θ Ind 4,39; η Ind 4,51; ι Ind 5,06; κ Ind 5,62 + 6,13; μ Ind 5,17; ν Ind 5,28; ο Ind 5,52; π Ind 6,17; ρ Ind 6,04 – ten un planeta

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas