Bachué
Bachué | |
---|---|
Deusa nai | |
Membro da Relixión muisca | |
![]() Monumento a Bachué en Medellín. | |
Outros nomes | Furachogua |
Afiliación | Chiminigagua (ser supremo) |
Xénero | Feminino |
Rexión | Altiplano Cundiboyacense |
Grupo étnico | Pobo muisca |
Información persoal | |
Fillos | Humanidade |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Gaea |
Equivalente romano | Cibeles |
Equivalente nórdico | Frigg |
Equivalente etrusco | Uni |
Equivalente cristián | Eva |
Equivalente eslavo | Mokosh |
A deusa Bachué (en lingua muisca: "a do peito espido"), é unha deusa nai que segundo a relixión muisca é a nai da humanidade. Xurdiu das augas da lagoa de Iguaque cun meniño no colo, quen medrou para devir no seu marido e poboar a Terra. Recibiu adoración nun templo na área do actual concello de Chíquiza, anteriormente chamado "San Pedro de Iguaque".
Mitoloxía
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/Bachu%C3%A9%2C_diosa_generatriz_de_los_chibchas.jpg/250px-Bachu%C3%A9%2C_diosa_generatriz_de_los_chibchas.jpg)
Cando o neno medrou, Bachué casou con el e viaxou a través dos territorios dos muiscas. Cada vez que quedaba embaraza daba a luz entre catro e seis fillos. Os muiscas crían que tódalas persoas tiñan como antepasado común a Bachué. Cando os seus fillos medraron, Bachué regresou á lagoa de Iguague co seu primeiro fillo e despois dun dicursos final converteuse en dúas cobras xigantes e mergullouse na auga, convertendo este sitio nun lugar sagrado para os muiscas.[1]
Notas
- ↑ Ocampo López, 2007, Ch.V, p.220
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN 978-958-14-0368-4.