Hunzahúa
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV ![]() Confederación muisca ![]() |
Morte | 1470 (Gregoriano) ![]() Confederación muisca ![]() |
Zaque | |
1470 – Michuá → ![]() | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo muisca ![]() |
Relixión | Relixión muisca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Zaque ![]() |
Familia | |
Fillos | Michuá ![]() |
Hunzahúa foi o primeiro zaque de Hunza, que hoxe é a cidade colombiana de Tunja. Hunzahúa foi o gobernante da parte norte dos territorios muiscas. Durante o seu reinado centralizouse o poder de todo o territorio muisca na cidade de Hunza (Tunja), bautizada así na súa honra, e unificouse a relixión e a lingua.[1]
Goberno
Hunzahúa e os seus sucesores exerceron o control sobre as terras que van dende o Chicamocha até os Sutagaos, e dende as vertentes das chairas de San Juan até as fronteiras dos panches e os muzos, incluíndo o territorio de Vélez. A unidade instaurada baixo o seu mandato foi rota en tempos de Michuá polo zipa Saguamanchica, por mor das diferenzas que tivo co cacique de Guatavita.[2]
Predecesor: Fundador do Zacazgo |
Zaque de Hunza ?–1470 |
Sucesor: Michuá |
Notas
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2016.
- ↑ http://pueblosoriginarios.com/biografias/hunzahua.html
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- José Antonio de Plaza (1809-1854). Compendio da historia da Nova Granada dende antes do seu descubrimento até o 17 de novembro de 1831. Bogotá: Imp. del Neogranadino, 1850.