A lagoa de Iguaque atópase na xurisdición do concello de Chíquiza, preto de Villa de Leyva no departamento de Boyacá, Colombia. De acordo coa lendamuisca, a deusa Bachué saíu da lagoa cun neno no colo. Eles dous son considerados os devanceiros de toda a raza humana. As zonas contiguas tamén se atopan protexidas como parte do Santuario de fauna e flora Iguaque dende 1977.[1]