Templo da Lúa (Chía)
Templo da Lúa (Chía) | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | Cundinamarca |
Tipo | Templo |
Advocación | Deusa Chía (a Lúa) |
Localización | Chía |
Coordenadas | 4°52′12″N 74°05′14″O / 4.86993333, -74.08730556 |
Culto | |
Culto | Relixión muisca |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Templo da Lúa de Chía era un templo construído polos muiscas como sitio de adoración para a súa deusa da Lúa, Chía. O templo foi construído en Chía (Cundinamarca, Colombia), daquela parte da Confederación muisca. Era un dos templos máis importantes da relixión muisca.[1][2] O templo foi destruído durante conquista española do Altiplano Cundiboyacense. Coñécese moi pouco sobre o templo, que estaba asentado no outeiro Tíquiza no límite occidental de Chía con Tabio.[3]
Estrutura e adoración

Os muiscas tiñan coñecementos avanzados de astronomía e construían os seus lugares sagrados de acordo coa posición dos corpos celestes. O Templo da Lúa, ó igual que El Infiernito ou o Templo do Sol de Sugamuxi foron construídos seguindo estes patróns.[4]
No templo os rituais eran organizados polos caciques e os zipas da Confederación muisca. Os caciques e sacerdotes do Templo da Lúa levaban roupas brancas, diferentes das do Templo do Sol, que eran vermellas.[3] O Templo do Sol non era só un lugar de adoración, senón tamén de educación dos novos caciques e dos gobernantes muiscas.[4][5][6]
Outros templos da Lúa no mundo
- Pirámide da Lúa - relixión azteca
- San Gervasio - relixión maia
- Templo da Lúa - relixión inca
- Templo da Lúa - China
- Somnath - Hinduísmo
Notas
- ↑ Ocampo López, 2013, Ch.4, p.33
- ↑ Ocampo López, 2007, Ch.V, p.226
- ↑ 3,0 3,1 Muisca Precolombino Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ 4,0 4,1 (en castelán) Templo de la Luna in Chía - Pueblos Originarios
- ↑ Education at the Moon Temple, Chía (en castelán)
- ↑ Chía, Ciudad de la Luna - El Tiempo (en castelán)
Véxase tamén
Bibliografía
- Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–219. ISBN 978-958-14-1416-1.
- Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN 978-958-14-0368-4.