Fritz Pregl

Fritz Pregl
Fritz Pregl.jpg
Datos persoais
Nome completoFriedrich Raimund Michael Pregl
Nacemento3 de setembro de 1869
LugarLiubliana Eslovenia Eslovenia
Falecemento13 de decembro de 1930 (61 anos)
LugarGraz Austria Austria
SoterradoZentralfriedhof Graz
ResidenciaAustria Austria
NacionalidadeAustria, Imperio Austrohúngaro e Reino de Iugoslavia
Actividade
CampoQuímica e medicina
Alma máterUniversidade de Graz
Director de teseWilhelm Ostwald Emil Fischer
Contribucións e premios
Coñecido porAnálises de Microelementos
PremiosPremio Nobel de Química (1923)
editar datos en Wikidata ]

Fritz (Friderik) Pregl, nado en Ljubljana (hoxe en Eslovenia), Imperio Austrohúngaro, o 3 de setembro de 1869 e finado en Graz (Austria), o 13 de decembro de 1930, foi un químico austríaco de orixe eslovena.

Traxectoria

Naceu o 3 de setembro de 1869 na cidade de Ljubljana, naqueles momentos parte do Imperio austrohúngaro, pero hoxe en día capital de Eslovenia. Estudou química e fisioloxía na Universidade de Graz, e posteriormente foi nomeado profesor auxiliar de química na mesma universidade. En 1910 foi nomeado profesor titular na Universidade de Innsbruck, pero en 1913 retornou a Graz para converterse en director do Instituto de Química Médica.

Investigacións científicas

Iniciou as súas investigacións na constitución química dos ácidos biliares dos animais e do home. Para iso tivo que idear e desenvolver métodos de microanálise cuantitativa de substancias orgánicas que lle valeron a concesión do Premio Nobel de Química do ano 1923 e que serviron para mellorar a técnica do tren de combustión para a análise elemental.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Francis William Aston
Premio Nobel de Química

1923
Sucesor:
Richard Adolf Zsigmondy