Mar de Weddell
Mar de Weddell | |
---|---|
Weddell Sea | |
Localización administrativa | |
Estado | Tratado Antártico (excepto mar a fóra) Parcialmente reinvindicado pola Arxentina, Chile e o Reino Unido |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Antártico/ océano Atlántico |
Continente | Antártida |
Illa/s | Illas Orcadas do Sur |
Xeografía | |
Illas interiores | Illa Berkner |
Accidentes | |
Penínsulas | Península Antártica |
Outros | Barreiras de xeo Filchner-Ronne e Larsen |
Características | |
Superficie | 2 800 000 km² |
Anchura máxima | 2000 km |
Mapa | |
Mar de Weddell | |
Localización do mar de Weddell nas reinvidicacións antárticas | |
O mar de Weddell é unha ampla porción do océano Glacial Antártico comprendida entre a Península Antártica polo oeste, as illas Orcadas do Sur polo norte, a Terra de Coats e a Terra da Princesa Marta ao leste. Ao sur atópase a segunda barreira de xeo máis grande do mundo: o conxunto Filchner-Ronne, que se apoia na Terra de Edith Ronne, esta barreira rodea en gran parte á grande illa Berkner. Xunto ao litoral da Península Antártica está a barreira de xeo Larsen, cuxa parte norte colapsou rapidamente nos últimos anos.
A parte da Antártida localizada ao oeste deste mar, ata o mar de Ross, denomínase Antártida Occidental ou Menor, e ao leste, Antártida Oriental ou Maior.
A anchura máxima deste mar é duns 2.000 km, cubrindo unha área de 2,8 millóns de km².
Foi nomeado en honor ao mariño británico James Weddell que se internou neste mar en 1823 alcanzando os 74° S. Foi explorado amplamente por primeira vez polo escocés William S. Bruce entre 1902 e 1904. Foi neste mar que o barco de Shackleton, o Endurance foi atrapado e destruído polo xeo.
Crese que a separación do ex-continente Gondwana comezou no mar de Weddell.