Lynx (constelación)

Lynx
Lynx
Nome latino Lince
Abreviatura Lyn
Xenitivo Lyncis
Simboloxía O Lince
Ascensión recta 8 h
Declinación +45°
Área 545 graos cadrados

Rango 28

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Lyn

(magnitude ap. 3,14)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −55°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de marzo

Lynx ou Lince[1] é unha constelación do Hemisferio norte, introducida no século XVII por Johannes Hevelius. A orixe do nome debese á pouca luminosidade das súas estrelas, pois precísanse ter ollos de lince para pode-la ver. Para localizar ó Lince hai que buscar entre dúas constelacións moi luminosas, a Ursa Major e Auriga.

Estrelas principais

  • α Lyncis (Elvashak), con magnitude 3,1 é a estrela máis brillante da constelación. É unha xigante vermello-alaranxada a 220 anos luz.
  • 38 Lyncis (Maculosa), a segunda estrela máis brillante con magnitude 3,82, de cor branca.
  • 10 Ursae Majoris, a pesar do seu nome actualmente está englobada na constelación de Lynx; con magnitude 3,97 é a terceira máis brillante da mesma.
  • 12 Lyncis, estrela tripla onde a compoñente principal ten magnitude 5,4 e a secundaria magnitude 6.
  • RR Lyncis, variable eclípsante cun brillo que varía entre magnitude 5,5 e 6 nun ciclo duns dez días.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • Cúmulo globular NGC 2419, de magnitude 10,4 e moi distante da Terra (300.000 anos luz).
  • Galaxia espiral NGC 2683, localizada 6º ó oeste de α Lyncis.

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas