Microscopio (constelación)

Microscopium
Microscopium
Nome latino Microscopium
Abreviatura Mic
Xenitivo Microscopii
Simboloxía O Microscopio,
Ascensión recta 21 h
Declinación −36°
Área 210 graos cadrados

Rango 66º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante γ Mic

(magnitude ap. 4,67)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +62° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de setembro

Microscopium ou Microscopio[1] é unha pequena constelación austral introducida por Nicolas Louis de Lacaille. Estas estrelas son moi febles.

Historia

Dado que Microscopium foi descuberta no século XVII, e que se atopa moi preto do polo sur non foi coñecida por culturas clásicas, polo tanto non hai mitoloxía relacionada.

Estrelas

Estrelas principais

  • α Microscopii, cuarta estrela máis brillante da constelación con magnitude 4.89, é unha xigante amarela a 380 anos luz de distancia.
  • γ Microscopii, con magnitude 4,67 é a estrela máis brillante da constelación e tamén unha xigante amarela.
  • θ Microscopii, denominación compartida por dúas estrelas distintas: θ1 Microscopii, de magnitude 4,80, unha variable Alfa2 Canum Venaticorum a 187 anos luz; θ2 Microscopii, xigante branca de magnitude 5,76 unhas tres veces máis afastada.

Outras estrelas con designación de Bayer

  • β Mic 6,06; δ Mic 5,69; ε Mic 4,71; ζ Mic 5,32; η Mic 5,55; ι Mic 5,11; ν Mic 5,12

Outras estrelas notables

  • AT Microscopii (GJ 799), estrela binaria composta por dúas ananas vermellas, unha delas unha estrela fulgurante. Atópase a 33 anos luz de distancia.
  • AU Microscopii (GJ 803), con magnitude 6,61 posúe un disco protoplanetario; situada a só 1,2 anos luz de AT Microscopii probablemente forma un sistema estelar triplo con ela.
  • BO Microscopii, estrela nova cunhas erupcións que foron estudadas na franxa de rayos X.
  • Lacaille 8760 (AX Microscopii), anana vermella e estrela fulgurante de magnitude 6,67 situada a 12,8 anos luz.

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas