Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 23 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 8 de marzo de 1998 – 1 de novembro de 1998 |
Número de edición | 49 (1998) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Mika Häkkinen |
Campionato do Mundo de Construtores | McLaren |
Datos estatísticos | |
Carreires | 16 |
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 foi a 49ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 41ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 8 de marzo e finalizaron o 1 de novembro.
Resumo
A tempada trouxo moitos cambios nas regras, incluíndo a introdución dos pneumáticos raiados e facer os coches máis estreitos para reducir a carga aerodinámica. Estaba claro que McLaren foi o que mellor adaptouse aos cambios das nova regras, Mika Häkkinen gañou comodamente as dúas primeiras carreiras, co seu compañeiro de equipo David Coulthard segundo en ambas. Con Goodyear avanzando antes da Arxentina, Michael Schumacher foi capaz de gañar alí e ser segundo en Imola, ámbolos dous circuítos lentos e revirados. En España, as curvas rápidas favoreceron a McLaren e de novo acabaron 1º e 2º. Unha vitoria máis para Häkkinen en Mónaco deulle unha vantaxe de 17 puntos sobre Coulthard con Schumacher a outros 5 puntos mais por detrás.
Schumacher recuperouse e gañou as seguintes tres carreiras, mentres que os erros e a mala sorte custaronlle puntos tanto a Häkkinen como a Coulthard. Despois do GP de Gran Bretaña Schumacher pechara a brecha con Häkkinen a só 2 puntos, mentres que Coulthard quedou a 26 puntos por detrás do seu compañeiro de equipo e buscando unha pouco probable esperanza de loitar polo campionato. A vitoria de Häkkinen en Austria e Alemaña demostraron que McLaren aínda tiña o mellor automóbil, pero un estratéxico golpe mestre en Hungría permitiu a Schumacher conseguir a vitoria e pechar a brecha con Häkkinen a só 7 puntos.
O inicio do Gran Premio de Bélxica viu a un dos peores accidentes na F1, con máis da metade dos coches da grella involucrados, e catro pilotos incapaces de reiniciar a carreira, case unha hora máis tarde, debido á falta de coches de reposto. Unha carreira chea de acción viu Häkkinen saírse no reinicio, mentres Schumacher lideraba comodamente a carreira antes de estrelarse contra o McLaren de David Coulthard, mentres trataba de dobrar ao escocés. Isto achandou o camiño para Damon Hill que acadou para Jordan a primeira vitoria.
Schumacher recuperouse para conseguir unha sorpresiva vitoria no Gran Premio de Italia, e con Häkkinen acabando cuarto logo de problemas cos freos o campionato quedou igualado a 80 puntos con só dúas carreiras para o final. Este resultado tamén trouxo que Ferrari loitara de novo polo campionato mundial de construtores, situándose só 10 puntos por detrás. Con todo, Hakkinen logrou bater a Schumacher nunha loita directa en Luxemburgo e gañar a última carreira no Xapón, conseguindo o seu primeiro campionato mundial e o campionato de construtores para McLaren. O vixente campión Williams tivo unha tempada mala en xeral, con só tres podios. Con todo, no Xapón arranxáronllas para conseguir terceiro lugar no campionato de construtores, por diante de Jordan e Benetton.
Pilotos e construtores
Foto | Equipo | Construtor | Chasis | Motor † | Pneu. | Nº | Piloto | Carreiras | Piloto de probas |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| | Winfield Williams | Williams | FW20 | Mecachrome GC37-01 | G | 1 | Jacques Villeneuve | Todas | Juan Pablo Montoya Max Wilson |
2 | Heinz-Harald Frentzen | Todas | |||||||
| | Scuderia Ferrari Marlboro | Ferrari | F300 | Ferrari 047 | G | 3 | Michael Schumacher | Todas | Luca Badoer |
4 | Eddie Irvine | Todas | |||||||
| | Mild Seven Benetton Playlife | Benetton | B198 | Playlife GC37-01 | B | 5 | Giancarlo Fisichella | Todas | n/a |
6 | Alexander Wurz | Todas | |||||||
| | West McLaren Mercedes | McLaren | MP4-13 | Mercedes FO110G | B | 7 | David Coulthard | Todas | Ricardo Zonta Nick Heidfeld |
8 | Mika Häkkinen | Todas | |||||||
| | Benson & Hedges Jordan | Jordan | 198 | Mugen-Honda MF-301 HC | G | 9 | Damon Hill | Todas | Pedro de la Rosa |
10 | Ralf Schumacher | Todas | |||||||
| | Gauloises Prost Peugeot | Prost | AP01 | Peugeot A16 | B | 11 | Olivier Panis | Todas | Stéphane Sarrazin |
12 | Jarno Trulli | Todas | |||||||
| | Red Bull Sauber Petronas | Sauber | C17 | Petronas SPE-01D | G | 14 | Jean Alesi | Todas | Jörg Müller |
15 | Johnny Herbert | Todas | |||||||
| | Danka Zepter Arrows | Arrows | A19 | Arrows T2-F1 | B | 16 | Pedro Diniz | Todas | Emmanuel Collard Stephen Watson |
17 | Mika Salo | Todas | |||||||
| | HSBC Stewart Ford | Stewart | SF02 | Ford VJ Zetec-R | B | 18 | Rubens Barrichello | Todas | Jos Verstappen |
19 | Jan Magnussen | 1-7 | |||||||
Jos Verstappen | 8-16 | ||||||||
| | PIAA Tyrrell | Tyrrell | 026 | Ford JD Zetec-R | G | 20 | Ricardo Rosset | Todas | n/a |
21 | Toranosuke Takagi | Todas | |||||||
| | Fondmetal Minardi Team SpA | Minardi | M198 | Ford JD Zetec-R | B | 22 | Shinji Nakano | Todas | Laurent Rédon |
23 | Esteban Tuero | Todas |
† Todos os motores son de 3.0 litros e configuración V10.
Calendario e resultados de 1998
Grandes Premios
Pilotos
|
Negra – Pole |
Construtores
Pos | Construtor | Coche nº |
AUS |
BRA |
ARX |
SMR |
ESP |
MON |
CAN |
FRA |
RU |
AUT |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
LUX |
XPN |
Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | McLaren-Mercedes | 7 | 2 | 2 | 6 | 1 | 2 | Ret | Ret | 6 | Ret | 2 | 2 | 2 | 7 | Ret | 3 | 3 | 156 |
8 | 1 | 1 | 2 | Ret | 1 | 1 | Ret | 3 | 2 | 1 | 1 | 6 | Ret | 4 | 1 | 1 | |||
2 | Ferrari | 3 | Ret | 3 | 1 | 2 | 3 | 10 | 1 | 1 | 1 | 3 | 5 | 1 | Ret | 1 | 2 | Ret | 133 |
4 | 4 | 8 | 3 | 3 | Ret | 3 | 3 | 2 | 3 | 4 | 8 | Ret | Ret | 2 | 4 | 2 | |||
3 | Williams-Mecachrome | 1 | 5 | 7 | Ret | 4 | 6 | 5 | 10 | 4 | 7 | 6 | 3 | 3 | Ret | Ret | 8 | 6 | 38 |
2 | 3 | 5 | 9 | 5 | 8 | Ret | Ret | 15 | Ret | Ret | 9 | 5 | 4 | 7 | 5 | 5 | |||
4 | Jordan-Mugen-Honda | 9 | 8 | DSC | 8 | 10 | Ret | 8 | Ret | Ret | Ret | 7 | 4 | 4 | 1 | 6 | 9 | 4 | 34 |
10 | Ret | Ret | Ret | 7 | 11 | Ret | Ret | 16 | 6 | 5 | 6 | 9 | 2 | 3 | Ret | Ret | |||
5 | Benetton-Playlife | 5 | Ret | 6 | 7 | Ret | Ret | 2 | 2 | 9 | 5 | Ret | 7 | 8 | Ret | 8 | 6 | 8 | 33 |
6 | 7 | 4 | 4 | Ret | 4 | Ret | 4 | 5 | 4 | 9 | 11 | 16 | Ret | Ret | 7 | 9 | |||
6 | Sauber-Petronas | 14 | Ret | 9 | 5 | 6 | 10 | 12 | Ret | 7 | Ret | Ret | 10 | 7 | 3 | 5 | 10 | 7 | 10 |
15 | 6 | 11 | Ret | Ret | 7 | 7 | Ret | 8 | Ret | 8 | Ret | 10 | Ret | Ret | Ret | 10 | |||
7 | Arrows | 16 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 6 | 9 | 14 | Ret | Ret | Ret | 11 | 5 | Ret | Ret | Ret | 6 |
17 | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | 4 | Ret | 13 | Ret | Ret | 14 | Ret | NTS | Ret | 14 | Ret | |||
8 | Stewart-Ford | 18 | Ret | Ret | 10 | Ret | 5 | Ret | 5 | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | NTS | 10 | 11 | Ret | 5 |
19 | Ret | 10 | Ret | Ret | 12 | Ret | 6 | 12 | Ret | Ret | Ret | 13 | Ret | Ret | 13 | Ret | |||
9 | Prost-Peugeot | 11 | 9 | Ret | 15 | 11 | 16 | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | 15 | 12 | NTS | Ret | 12 | 11 | 1 |
12 | Ret | Ret | 11 | Ret | 9 | Ret | Ret | Ret | Ret | 10 | 12 | Ret | 6 | 13 | Ret | 12 | |||
10 | Minardi-Ford | 22 | Ret | Ret | 13 | Ret | 14 | 9 | 7 | 17 | 8 | 11 | Ret | 15 | 8 | Ret | 15 | Ret | 0 |
23 | Ret | Ret | Ret | 8 | 15 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 16 | Ret | Ret | 11 | NC | Ret | |||
11 | Tyrrell-Ford | 20 | Ret | Ret | 14 | Ret | NSC | NSC | 8 | Ret | Ret | 12 | NSC | NSC | NTS | 12 | Ret | NSC | 0 |
21 | Ret | Ret | 12 | Ret | 13 | 11 | Ret | Ret | 9 | Ret | 13 | 14 | Ret | 9 | 16 | Ret | |||
Pos | Constrctor | Coche nº |
AUS |
BRA |
ARX |
SMR |
ESP |
MON |
CAN |
FRA |
RU |
AUT |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
LUX |
XPN |
Puntos |