Canis Major

Canis major
Canis major
Nome latino Canis major
Abreviatura CMa
Xenitivo Canis Majoris
Simboloxía Can Grande
Ascensión recta 7 h
Declinación −20°
Área 380 graos cadrados

Rango 43°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante Sirius (α CMa)

(magnitude ap. −1.46)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +60° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Febreiro

O Can Maior ou Can Maior[1] é unha constelación que vai detrás (máis ó leste) do gran cazador, de nome Orión. Dise que representa a un dos cans de Orión o cazador (ver tamén as constelacións de Orión, Canis Minor, e Canes Venatici.) Canis Major contén a Sirius, a estrela máis brillante do firmamento, a estrela é parte do chamando Triángulo de Inverno do Hemisferio Norte, ou Triángulo de Verán no Hemisferio Sur.

Estrelas principais

  • α Canis Majoris (Sirio), a estrela máis brillante vista dende a terra con magnitude -1,46. Ó redor orbita, cun período de 50 anos, unha estrela do tipo anana branca chamada Sirius B descuberta por Alvan Clark.
  • β Canis Majoris (Murzim ou Mirzam), con magnitude 1,98 é unha estrela xigante azul variable do tipo Beta Cephei.
  • γ Canis Majoris (Muliphein), de magnitude 4,11, unha estrela das chamadas de mercurio-manganeso.
  • δ Canis Majoris (Wezen), a terceira máis brillante da constelación con magnitude 1,83, é unha estrela superxigante amarela, unha das máis masivas que se poden apreciar a simple vista.
  • ε Canis Majoris (Adhara), estrela dobre cunhas compoñentes que están separadas 7 segundos de arco.
  • ζ Canis Majoris (Furud), binaria espectroscópica de magnitude 3,02 e cor branca-azulada.
  • η Canis Majoris (Aludra), de magnitude 2,45, unha superxigante azul tan luminosa coma 66.000 soles e estrela variable do tipo Alpha Cygni.
  • μ Canis Majoris, estrela binaria fixa onde as súas dúas compoñentes están separadas 3 segundos de arco.
  • ν Canis Majoris nomea a tres estrelas distintas; ν2 Canis Majoris, a 65 anos luz, é unha das xigantes laranxas máis próximas á Terra.
  • ξ Canis Majoris, designación de Bayer compartida por dúas estrelas diferentes: ξ1 Canis Majoris, a máis brillante, unha subxigante azul, e ξ2 Canis Majoris, unha xigante branca de magnitude 4,53.
  • ο Canis Majoris, tamén dúas estrelas distintas: ο1 Canis Majoris, a menos brillante, unha superxigante laranxa, e ο2 Canis Majoris, unha superxigante azul de magnitude 3,02.
  • σ Canis Majoris, superxigante vermella e variable irregular, cun brillo que varía entre magnitude 3,43 e 3,51.
  • τ Canis Majoris, superxigante do raro tipo espectral O, a máis brillante do cúmulo NGC 2362.
  • ω Canis Majoris, estrela azul e variable eruptiva Gamma Cassiopeiae, cunha variación de brillo entre magnitude 3,6 e 4,18.
  • VY Canis Majoris, a estrela hiperxigante máis grande coñecida e unha das máis luminosas.
  • 27 Canis Majoris (EW Canis Majoris), sistema estelar triplo en onde unha das estrelas é unha variable Gamma Cassiopeiae.
  • HD 47536 (HR 2447), estrela xigante laranxa con dúas planetas extrasolares.

Obxectos notables do espazo profundo

  • M41 (NGC 2287). AR: 06h 46m 00.0s Dec: -20°44'00" (Época 2000). Cúmulo aberto de preto de 80 estrelas brillantes a 4º ó sur de Sirio, visible a simple vista.
  • NGC 2362. AR: 07h 18m 48.0s Dec: -24°57'00" (Época 2000). Cúmulo aberto composto por unhas 60 estrelas; apreciase coma unha nebulosidade ó redor da máis brillante delas, τ Canis Majoris.
  • NGC 2280, a galaxia máis brillante da constelación, unha espiral barrada situada 3º ó noroeste de Adhara (ε Canis Majoris).
  • NGC 2217, unha galaxia espiral barrada que se atopa 3º ó norte de Furud (ζ Canis Majoris).
  • NGC 2207, outra galaxia espiral barrada de magnitude 10,8 situada a 3,5º ó suroeste de Murzim (β Canis Majoris).
  • NGC 2359 (Nebulosa do Casco de Thor), nebulosa de emisión iluminada por unha estrela de Wolf-Rayet. A súa forma semella a forma do casco dun guerreiro.

Mitoloxía

Imaxe da constelación de Canis Maior.

Hai diversas identificacións que se propuxeron para o Can Maior:

  • Un can que lle agasallou Zeus a Europa, que pasou a varias xeracións posteriores ata que se converteu no can de Céfalo. Durante a persecución da Raposa de Teumeso, foi convertido por Zeus en pedra e logo colocado entre as constelacións.
  • O can de Orión, catasterizado á vez có seu amo posto que sempre estivera ó carón del.
  • A cadela Mera, de Icario e Erígone. Atopou os corpos sen vida dos seus amos e cós seus laios atraeu á xente para que lles deran sepultura. Dioniso púxoa entre as constelacións.

Sirio, nome significa abrasador, chamada a estrela can, é a máis brillante do firmamento só superada en brillo aparente pola Lua e os planetas Venus, Xúpiter e Marte. Debido a que durante o verán é invisible, pensábase entón que a súa enerxía se lle sumaba a do sol para produci-los días máis calorosos ou días de can (sol canicular).

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas