Leon Cooper

Leon Cooper
Nome completoLeon Neil Cooper
Nacemento28 de febreiro de 1930
Lugar de nacementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Columbia e The Bronx High School of Science
Ocupaciónfísico e profesor universitario
Coñecido porPar de Cooper
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Prêmio Comstock de Física, Premio Nobel de Física e Fellow of the American Physical Society
Na rede
https://research.brown.edu/research/profile.php?id=1100923912
Musicbrainz: 05df2b71-045b-4a0d-a256-fd3bf06b3ee0 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Leon Neil Cooper, nado en Nova York o 28 de febreiro de 1930, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972.

Traxectoria

Licenciouse en física na Universidade de Columbia, sendo posteriormente profesor na Universidade de Illinois, Brown, Providence así como profesor invitado en universidades de Noruega, Italia e Francia.

Investigacións científicas

Interesado na física do estado sólido, en 1957 desenvolveu xunto a John Bardeen e John Robert Schrieffer a Teoría BCS da supercondutividade, pola cal a moi baixa temperatura maniféstase nos electróns unha grande forza de atracción que os fai fluír emparellados de forma que, ao pasar preto dun núcleo atómico, o primeiro electrón cede enerxía que é despois recuperada polo seu compañeiro. Esta teoría tivo a súa orixe en 1911 no descubrimento do neerlandés Heike Kamerlingh Onnes sobre a carencia de resistencia do mercurio nas correntes eléctricas a temperaturas próximas ao cero absoluto.

Compañeiro de investigacións de Alfred P. Sloan entre 1959 e 1966, posteriormente realizou investigacións no Insitituto de Estudos Adiantados de Princeton e no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN).

En 1972 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e John Robert Schrieffer, polos seus traballos conxuntos sobre a teoría da supercondutividade, coñecida como Teoría BCS.

Véxase tamén

Ligazóns externas