Max Planck
Max Planck | |
---|---|
Nome completo | Max Karl Ernst Ludwig Planck |
Nacemento | 23 de abril de 1858 |
Lugar de nacemento | Kiel |
Falecemento | 4 de outubro de 1947 e 4 de decembro de 1947 |
Lugar de falecemento | Gotinga |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Cemiterio municipal de Gotinga |
Nacionalidade | Imperio Alemán, República de Weimar, Alemaña nazi e Bizone |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Universidade de Múnic, Universidade de Frederico-Guilherme, Maximiliansgymnasium München e Universidade Humboldt de Berlín |
Ocupación | físico teórico, profesor universitario, físico e filósofo |
Pai | Wilhelm von Planck |
Cónxuxe | Marie Merck |
Fillos | Erwin Planck |
Irmáns | Hugo Planck |
Coñecido por | |
Influíu | |
Premios | |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Max Planck, nado en Kiel o 23 de abril de 1858 e finado en Gotinga o 4 de outubro de 1947, foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica.
Despois de estudar en Múnic e Berlín, Planck obtivo o seu grao de doutor en 1879. Despois de ocupar o cargo na Universidade de Kiel, Planck foi nomeado profesor de física teórica da Universidade de Berlín no 1899 substituíndo a Kirchhoff, permaneceu aquí ata 1926. Planck foi premiado no 1918 co Premio Nobel de Física polo descubrimento da natureza cuantizada da enerxía.
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia de gran tradición académica: o seu bisavó, Gottlieb Planck (1751-1833); seu avó, Heirich Ludwig Planck (1785-1831), foron profesores de teoloxía na Universidade de Gotinga; seu pai, Wilhem Johann Julius von Planck (1817-1900), foi profesor de dereito en Kiel e Múnic; seu tío, Gottlieb Planck (1824-1907), foi tamén xurista en Gotinga e un dos país do Código Civil de Alemaña.
Naceu do matrimonio de Julius Wilhem coa súa segunda esposa, Emma Patzig (1821-1914), tiña catro irmáns (Hermann, Hildegard, Adalbert e Otto) e dous medio irmáns (Hugo e Emma), fillos do seu pai coa súa primeira esposa. Criouse en Kiel ata os seis anos de idade, cando a súa familia se trasladou a Múnic, alí matriculouse no Maximilians gymnasium. Os seus compañeiros de clase eran fillos de familias coñecidas de Múnic. Entre eles atopábanse o fillo do banqueiro Heinrich Merck e Oskar Miller, fundador máis adiante do Deutsches Museum. Aos 16 anos obtivo o seu Schulabschluss ou graduación. Como mostraba talento para a música (tocaba o órgano, o piano e o violoncello), a filoloxía clásica e as ciencias, dubidou á hora de elixir a súa orientación académica. Ao consultar ao profesor de física Philipp von Jolly este respondeu que en física o esencial estaba xa descuberto, e que quedaban poucos ocos por reencher, concepción que compartían moitos outros físicos do seu tempo. Planck, que respondeu ao seu profesor que non tiña interese en descubrir novos mundos senón en comprender os fundamentos da física, finalmente decidiuse por esta materia.
Comezou os estudos de física na Universidade de Múnic en 1874, graduándose en 1879 en Berlín. Volveu a Múnic no 1880 para ensinar na universidade, e trasladouse á súa cidade natal, Kiel, en 1885. Casou con Marie Merck en 1886. No 1889, trasladouse de novo a Berlín, onde ocupou a cátedra de física teórica dende 1892 en diante.
En 1899, descubriu unha nova constante fundamental, chamada na súa honra Constante de Planck, que é usada, por exemplo, para calcular a enerxía do fotón. Un ano máis tarde, descubriu a lei da radiación, chamada lei de Planck da radiación. Esta foi a base da teoría cuántica, que xurdiu dez anos despois coa colaboración de Albert Einstein e Niels Bohr.
De 1905 a 1909, Planck actuou como a cabeza da Deutsche Physikalische Gesellschaft (Sociedade alemá de física).
A súa muller morreu en 1909, e un ano despois casou novamente con Marga von Hoesslin. En 1913, foi nomeado Reitor da Universidade de Berlín. Como consecuencia do nacemento da física cuántica foi premiado no 1918 co Premio Nobel de Física. De 1930 a 1937, Planck foi o Presidente do Kaiser-Wilhelm-Gesellschaft zur Förderung der Wissenschaften (KWG, Sociedade para o Avance da Ciencia Emperador Guillerme).
Durante a segunda guerra mundial, Planck tratou de convencer a Hitler de liberar os científicos xudeus. O seu fillo Erwin foi executado o 20 de xullo de 1944, ó ser acusado de traizón en relación cun atentado sufrido por Hitler.
Contribucións científicas
A pesar de que nun primeiro momento foi ingnorado pola comunidade científica afondou no estudo da teoría da calor, chegou, un tras outro aos principios que xa enunciara Joiah Willard Gibbs sen coñecelos previamente, xa que estes non foran divulgados. As ideas de Clasius sobre a entropía ocuparon un espazo central nos seus razoamentos.
En 1900 descubriu unha constante fundamental, a denominada constante de Planck, usada para calcular a enerxía dun fotón. Isto significa que a radiación non pode ser emitida nin absorbida de maneira continua, senón só en determinados momentos e pequenas cantidades denominadas cuantos ou fotóns. A enerxía dun cuanto ou fotón depende da frecuencia da radiación.
Onde h é a constante de Planck e o seu valor é 6,626 por 10 elevado a -34 xulios por segundo ou tamén 4,13 por 10 elevado a -15 electron-voltios por segundo.
Un ano despois descubriu a ley da radiación electromagnética emitida por un corpo a unha temperatura dada, denominada Lei de Planck, que explica o espectro da emisión dun corpo negro. Esta lei converteuse nunha das bases da mecánica cuántica, que emerxeu uns anos máis tarde coa colaboración de Albert Einstein e Niels Bohr, entre outros.
Relación con Albert Einstein
No ano 1905 publicaronse os primeiros estudos do aínda descoñecido Albert Einstein sobre a teoría da relatividade, e Plank foi un dos poucos científicos que recoñeceron inmediatamente a importancia desta nova teoría científica.
Max Planck tamén contribuíu considerablemente ao desenvolvemento desta teoría. Porén a hipótese de Einstein sobre a lixereza do quantum (o fotón), baseada no descubrimento de Philipp Lenard en 1902 sobre o efecto fotoeléctrico foi rechazada inicialmente por Planck, así coma a teoría de James Clerk Maxwell sobre electrodinámica.
En 1910 Einstein precisou o comportamento anómalo da calor específica en baixas temperaturas coma outro exemplo dun fenómeno que desafía a explicación da física clásica. Planck e Walter Nernst para clarificar as contradicións que aparecían na física organizaron a primeira conferencia Solvay, realizada en Bruxelas en 1911, conferencia que dende ese ano reuniu aos principais científicos de Europa cada tres anos, baixo o mezenazgo do industrial belga Ernest Solvay. Nesta reunión Einstein finalmente convenceu a Planck sobre as súas investigacións e dúbidas, mantendo a partir de entón unha estreita relación, sendo nomeado Albert Einstein profesor de física na Universidade de Berlín sendo Planck decano.
En 1918 foi galardonado co Premio Nobel de Física polo seu papel xogado no avance da física co descubrimento da teoría cuántica.
Recoñecementos
Trala súa morte o 4 de outubro de 1947 en Gotinga, o KWG foi renomeado como Max-Planck-Gesellschaft zur Förderung der Wissenschaften (Sociedade Max Planck, MPG).
Foi nomeado súa honra un cráter de impacto na Lúa, o cráter Planck. No ano 2009 a Axencia Espacial Europea lanzou un satélite artificial de dúas toneladas bautizado co seu apelido, como parte do programa científico Horizon 2000.
Véxase tamén
Bibliografía
- Max Planck (2015). Positivismo y mundo externo real. Encuentro. ISBN 978-84-9055-120-2.
- Max Planck (2000). Autobiografía científica y últimos escritos. Nivola. ISBN 9788495599049.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Biografía de Max Planck en nobel-winners.com (en inglés)
- Biografía de Max Planck na páxina nobelprize.org (en inglés)
- Biografía de Max Planck en biografiasyvidas.com (en castelán)
- Biografía en astronomia.com (en castelán)
Predecesor: Charles Glover Barkla |
Premio Nobel de Física 1918 |
Sucesor: Johannes Stark |