Michel Mayor

Michel Mayor
Nome completoMichel Gustave Édouard Mayor
Nacemento12 de xaneiro de 1942
Lugar de nacementoLausana
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Xenebra e Universidade de Lausana
Ocupaciónprofesor universitario, astrofísico, astrónomo e físico
Premiospremio Jules Janssen, Prêmio Balzan, Medalla de ouro da Royal Astronomical Society, Medalla Karl Schwarzschild, Premio Wolf en Física, Cabaleiro da Lexión de Honra, Kyoto Prize in Basic Sciences, Prêmio Marcel Benoist, Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento, Medalha Albert Einstein, The Shaw Prize in Astronomy, Premio Nobel de Física, Oficial da Lexión de Honra, Premio Shaw, Viktor Ambartsumian International Prize, Lexión de Honra, Nature's 10, Clarivate Citation Laureates, Doutor honorário da Universidade de Liège e Prêmio Tycho Brahe
Na rede
https://exoplanets.ch/team/faculty-members/michel-mayor/
editar datos en Wikidata ]
Didier Queloz (á esquerda, premio Nobel en conxunto don Mayor) e Michel Mayor (á dereita) no complexo de observatorios de La Silla, Chile.
Didier Queloz (á esquerda, premio Nobel en conxunto don Mayor) e Michel Mayor (á dereita) no complexo de observatorios de La Silla, Chile.

Michel Gustave Édouard Mayor, nado en Lausana o 12 de xaneiro de 1942, é un físico suízo, galardoado co Premio Nobel de Física en 2019.[1]

Traxectoria

Estudou física na Universidade de Lausana, graduándose no 1966, e doutorouse en Astronomía no observatorio de Xenebra no 1971. Ata 1984 traballou como investigador asociado no observatorio de Xenebra, dependente do Departamento de Astronomía da Universidade de Xenebra. En dito ano paso a profesor asociado. No 1988 pasou a ser profesor numerario, o que foi ata o seu retiro no 2007. Dirixiu o observatorio de 1998 a 2004. Dende o seu retiro é profesor emérito.

Premios e recoñecementos

Ten máis de 700 publicacións científicas. Foi recoñecido co premio suízo Marcel Benoist polo seu traballo e o seu significado para a vida humana. No 2000 foi galardoado co Premio Balzan e no 2004 cecibiu a Medalla Albert Einstein. No 2005, obtivo o Premio Shaw en Astronomía. No 2015 foi galardoado coa Medalla de Ouro da Royal Astronomical Society e no 2017 co Premio Wolf en Física.[2]

Recibiu o Premio Nobel no ano 2019 polo descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela de tipo solar.[1]

É membro da IAU, da Academia Europea de Ciencias, a Academia Americana de Artes e Ciencias e a Academia Nacional de Ciencias.

Notas

  1. 1,0 1,1 "The Nobel Prize in Physics 2019". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2019-10-10. 
  2. esa. "Science Seminar. Follow live - 10 October @ 10:30h -". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-10. 

Véxase tamén

Ligazóns externas