Samuel C. C. Ting

Samuel C. C. Ting
Samuel Chao Chung Ting
Datos persoais
Nacemento27 de xaneiro de 1936 (88 anos)
LugarAnn Arbor, Míchigan
Nacionalidade estadounidense
CónxuxeKay Kuhne, Susan Carol Marks
Actividade
Campofísico e profesor universitario
Alma máterUniversidade de Míchigan
Director de teseLawrence W. Jones
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física en 1976.
editar datos en Wikidata ]

Samuel Chao Chung Ting (en mandarín: 丁肇中; en pinyin: Dīng Zhàozhōng), nado en Ann Arbor (Míchigan) o 27 de xaneiro de 1936, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1976.

Traxectoria

Era fillo dunha parella chinesa que se coñeceu na universidade de Míchigan. Cando era pequeno a súa familia trasladouse de novo á China, pero durante a guerra civil chinesa os seus pais fuxiron á República da China, situada na illa de Taiwán. Desenvolveu os seus estudos secundarios en Taipei e posteriormente ingresou na Universidade de Tainan.

En 1956 volveu aos Estados Unidos para estudar enxeñaría, matemáticas e física na universidade de Míchigan, onde se doutorou en física no ano 1962. En 1963 entrou a traballar no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN), para posteriormente traballar no Deutsches Elektronen-Synchrotron (DESY) de Alemaña. Desde 1969 é profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.

Investigacións científicas

Iniciou as súas investigacións ao redor das partículas subatómicas grazas aos seus traballos no acelerador de partículas, cousa que lle permitiu descubrir a partícula J (ou partícula J/ψ), descubrimento que tamén realizou independentemente o físico Burton Richter.

No ano 1976 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Burton Richter, polo descubrimento da partícula subatómica J.

Véxase tamén

Ligazóns externas