Pierre Curie
Pierre Curie | |
---|---|
Pierre Curie | |
Datos persoais | |
Nacemento | 15 de maio de 1859 |
Lugar | París, Francia |
Falecemento | 19 de abril de 1906 |
Lugar | París, Francia |
Causa | atropelamento |
Soterrado | Panteón de París |
Residencia | Francia |
Nacionalidade | Francesa |
Cónxuxe | Marie Curie |
Fillos | Irene Joliot-Curie e Ève Curie |
Actividade | |
Campo | Física |
Alma máter | Facultade de Ciencias de París, Sorbona e Ensino doméstico |
Director de tese | Gabriel Lippmann |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Radioactividade Piezoelectricidade Temperatura de Curie |
Influído por | Marie Curie |
Premios | Premio Nobel de Física (1903) Medalla Davy (1903) |
Foi marido e pai das tamén Premio Nobel Marie Curie e Irène Joliot-Curie, respectivamente. | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pierre Curie, nado en París o 15 de maio de 1859 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1906, foi un físico francés, pioneiro no estudo da radioactividade. Casado con Marie Curie, foi pai da tamén científica Irene Curie (os tres, premios Nobel) e da escritora e pianista Ève Curie.
Traxectoria
Obtivo o premio Nobel de Física coa súa muller Marie Curie, outra famosa física, en 1903 en recoñecemento dos extraordinarios servizos prestados en conxunto nas súas investigacións sobre a radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel.
Descubriu a piezoelectricidade en 1880, estudou o magnetismo, e enunciou en 1894 o principio universal de simetría: as simetrías presentes nas causas dun fenómeno físico tamén se atopan nas súas consecuencias.
Morreu a raíz dun accidente en 1906, ao ser esmagada a súa cabeza polas rodas dun carro. Iso evitou seguramente a morte por efectos da radiación que agardou á súa muller posteriormente.
Véxase tamén
Lei de Curie
Predecesor: Hendrik Lorentz Pieter Zeeman |
Premio Nobel de Física 1903 con Marie Curie e Henri Becquerel |
Sucesor: John William Strutt |
Ligazóns externas
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |