Heike Kamerlingh Onnes

Heike Kamerlingh Premio Nobel
Heike Kamerlingh Onnes en 1878.
Datos persoais
Nacemento21 de setembro de 1853
LugarGroninga
Falecemento21 de febreiro de 1926 (72 anos)
LugarLeiden
SoterradoKerkhof Dorpskerk Voorschoten
NacionalidadeNeerlandesa Países Baixos Países Baixos
CónxuxeMaria Adriana Wilhelmina Elisabeth Bijleveld
FillosAlbert Kamerlingh Onnes
Actividade
Campofísico
Alma máterUniversidade de Heidelberg
Director de teseRudolf Adriaan Mees
Contribucións e premios
Coñecido porsupercondutividade
PremiosPremio Nobel en 1913
editar datos en Wikidata ]

Heike Kamerlingh Onnes, nado en Groninga o 21 de setembro de 1853 e finado en Leiden o 21 de febreiro de 1926, foi un físico holandés, descubridor da supercondutividade e galardoado co Premio Nobel de Física en 1913.

Traxectoria

Entre 1871 a 1873 estudou na Universidade de Heidelberg, onde foi alumno de Robert Bunsen e Gustav Kirchhoff, doutorándose na Universidade de Groninga en 1879. Foi profesor na Escola Politécnica de Delft entre 1878 e 1882, posto que abandonou ese ano para ser profesor de física na Universidade de Leiden ata a súa xubilación en 1923.

Investigacións científicas

Paul Ehrenfest, Hendrik Lorentz, Niels Bohr e Heike Kamerlingh Onnes en 1919 no Laboratorio Crioxénico de Leiden

Influenciado polo traballo do seu compatriota Johannes Diderik van der Waals, deduciu unha das ecuacións de estado aplicable aos gases, que leva o seu nome. Así mesmo, estudou as propiedades termodinámicas dos gases e líquidos nunha ampla escala de presións e temperaturas. En 1894 fundou o Laboratorio Crioxénico de Leiden, que actualmente leva o seu nome. Investigou os efectos do frío extremo en numerosos gases e metais.

En 1908 conseguiu licuar helio a baixa temperatura por primeira vez, aínda que non conseguiu solidificalo, feito que sucedeu en 1926 da man dos seus discípulo Willem Hendrik Keesom. Descubriu (en 1911) a case total ausencia de resistencia ao paso da electricidade de certas substancias (mercurio, chumbo) a temperaturas próximas ao cero absoluto, fenómeno coñecido como superconductividade.

En 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Física por, en palabras do comité, "as súas investigacións nas características da materia a baixas temperaturas que permitiron a produción do helio líquido".

Recoñecementos

Na súa honra bautizouse o cráter Kamerlingh Onnes da Lúa.

Véxase tamén

Ligazóns externas