Hannes Alfvén

Hannes Olof Gösta Alfvén
Datos persoais
Nome completoHannes Olof Gösta Alfvén
AlcumeOlof Johannesson
Nacemento30 de maio de 1908
LugarNorrköping, Suecia
Falecemento2 de abril de 1995
LugarDjursholm, Suecia
SoterradoDjursholms Begravningsplats
NacionalidadeSuecia
EtniaSuecos
CónxuxeKerstin Alfvén
FillosInger Alfvén e Gösta Alfvén
Actividade
Campofísico, astrónomo, astrofísico, profesor universitario, enxeñeiro eléctrico e escritor de ciencia ficción
Alma máterUniversidade de Uppsala
Director de teseManne Siegbahn
Contribucións e premios
Coñecido porThe Great Computer. A Vision., The End of Man? e A nagy számítógép
PremiosPremio Nobel de Física (1970)
editar datos en Wikidata ]

Hannes Olof Gösta Alfvén , nado en Norrköping en 1908 e finado en Djursholm en 1995, foi un astrofísico sueco. Premio Nobel de Física en 1970, compartido con Louis Neel.

Traxectoria

En 1934 ensina física na Universidade de Uppsala e no Instituto Nobel de Física. Nomeado profesor de teoría electromagnética no Instituto Real de Tecnoloxía de Estocolmo 1940 e catedrático de electrónica en 1945. En 1967, despois de pasar algún tempo na Unión Soviética, instálase nos Estados Unidos, traballando nos departamentos de electrónica magnética de dúas universidades californianas.
Foi un dos fundadores da magnetohidrodinámica, descubriu as Ondas de Alfvén, ondas transversais xeradas nun plasma situado dentro dun campo magnético.