Ivar Giaever

Ivar Giaever
Nacemento5 de abril de 1929
Lugar de nacementoBergen
NacionalidadeNoruega e Estados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterInstituto Politécnico Rensselaer, Instituto Norueguês de Tecnologia, Clare Hall e Hamar Cathedral School
Ocupaciónfísico, enxeñeiro, científico e profesor universitario
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Medalha Gunnerus, Premio Nobel de Física, Prêmio Oliver E. Buckley de Matéria Condensada e Onsager Medal
Na rede
http://homepages.rpi.edu/~giaevi/
IMDB: nm8459302 Musicbrainz: b864c25e-4262-40e6-87ff-7aa33eff2e8c Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ivar Giaver, en noruegués escrito como Ivar Giæver, nado en Bergen o 5 de abril de 1929, é un físico estadounidense, de orixe norueguesa, galardoado en 1973 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria

Estudou Enxeñaría industrial no Instituto Tecnolóxico de Noruega, licenciándose en 1952 en física. En 1954 emigrou ao Canadá, onde foi empregado da división canadense da General Electric, trasladándose dous anos despois aos Estados Unidos. Naqueles momentos estudou física no Instituto Politécnico Rensselaer, doutorándose en 1964, ano no que conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Interesado no efecto túnel sobre os semicondutores e supercondutores, demostrou como o paso de electróns a través dun díodo cunha fina capa de óxido producía o fenómeno coñecido como supercondutividade. En 1973 compartiu o Premio Nobel de Física con Leo Esaki e Brian David Josephson polos seus traballos na física do estado sólido.

Véxase tamén

Ligazóns externas