Aage Niels Bohr

Aage Niels Bohr
AlcumeJames Baker
Nacemento19 de xuño de 1922
Lugar de nacementoCopenhague
Falecemento8 de setembro de 2009
Lugar de falecementoCopenhague
NacionalidadeDinamarca
Alma máterUniversidade de Copenhague e Universidade de Columbia
Ocupaciónfísico, pedagogo e científico nuclear
PaiNiels Bohr
NaiMargrethe Nörlund
CónxuxeMarietta Soffer
FillosTomas Bohr
IrmánsErnest Bohr, Erik Bohr e Hans Bohr
Coñecido porNuclear Structure
PremiosPremio Átomos pola Paz, Premio Nobel de Física, John Price Wetherill Medal, Medalha e Prêmio Rutherford, Prêmio Dannie Heineman de Física Matemática, honorary doctor of the Peking University, Medalha H. C. Ørsted e Ole Rømer Medal
Na rede
WikiTree: Bohr-193 Find a Grave: 41819314 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aage Niels Bohr, nado en Copenhaguen en 1922 e finado en 2009, foi un físico dinamarqués galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1975 polos seus estudos sobre os nucleóns.

Traxectoria

Naceu o 19 de xuño de 1922 na capital dinamarquesa, Copenhaguen, fillo do tamén físico Niels Bohr, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1922.

Creceu xunto a Wolfgang Pauli e Werner Heisenberg, e estudou física nuclear no 1940 na Universidade de Copenhaguen, meses despois da ocupación nazi de Dinamarca. En 1943 a súa familia fuxiu do seu país refuxiándose en Suecia, trasladándose posteriormente ata Inglaterra. Alá Niels Bohr tivo coñecemento do Proxecto Manhattan sobre a bomba atómica, e foi invitado a participar no proxecto por parte de Robert Oppenheimer, trasladándose así toda a familia aos Estados Unidos o 6 de decembro de 1943. rematar a segunda guerra mundial volveu ao seu país, sendo membro asociado do Instituto Niels Bohr, dedicado á investigación en física teórica da Universidade de Copenhaguen, no ano 1946, e sendo o seu director entre 1963 e 1970.

Procura científica

A partir de 1948 traballou cos físicos norteamericanos Ben Roy Mottelson e Leo James Rainwater ao redor do estrutura nuclear, e especialmente na estrutura do núcleo atómico. Esta investigación permitiu aos investigadores describir a mecánica cuántica do nucleón.

En 1975 os tres científicos foron galardoados co Premio Nobel de Física polas súas investigacións na descrición cuántica dos nucleóns.

Véxase tamén

Ligazóns externas