James Chadwick

James Chadwick
Sir James Chadwick.
Datos persoais
Nacemento20 de outubro de 1891
LugarCheshire, Inglaterra
Falecemento24 de xullo de 1974
LugarCambridge, Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
CónxuxeAileen Stewart-Brown
Actividade
Campo
  • Física
  • Alma máterUniversidade de Manchester, Gonville and Caius College, Universidade de Cambridge e Victoria University of Manchester
    Director de teseErnest Rutherford
    Contribucións e premios
    PremiosPremio Nobel de Física en 1935
    editar datos en Wikidata ]

    Sir James Chadwick, nado o 20 de outubro de 1891 e finado o 24 de xullo de 1974, foi un físico inglés laureado co Premio Nobel de Física.

    Traxectoria

    Infancia e mocidade

    James Chadwick naceu en Chesire, Inglaterra, o 20 de outubro de 1891, fillo de John Joseph Chadwick e Anne Mary Knowles. Foi á Manchester High School, e estudou na Universidade de Cambridge.

    En 1913 Chadwick empezou a traballar con Hans Geiger no Technische Hochschule de Berlín (actual Universidade Técnica íde Berlín). Tamén traballou con Ernest Rutherford. Durante a primeira guerra mundial sería internado no campo de concentración de Zivilgefangenlager, en Ruhleben, Alemaña, acusado de espionaxe.

    Investigación en Cambridge

    Tras a guerra, Chadwick volveu a Cambridge, onde traballou con Ernest Rutherford investigando a emisión de raios gamma dos materiais radioactivos. Tamén estudaron a transmutación dos elementos ao bombardealos con partículas alfa e investigaron a natureza do núcleo atómico.

    En 1932, Chadwick realizou un descubrimento fundamental no campo da ciencia nuclear: descubriu a partícula no núcleo do átomo que pasaría a chamarse neutrón, predición antes feita por Santiago Antúnez de Mayolo, pois non ten carga eléctrica. En contraste co núcleo de helio (partículas alfa) que está cargado positivamente e polo tanto son repelidas polas forzas eléctricas do núcleo dos átomos pesados, esta nova ferramenta para a desintegración atómica non necesitaba exceder ningunha barreira electrónica, e é capaz de penetrar e dividir o núcleo dos elementos máis pesados. Desta forma, Chadwick achandou o camiño cara á fisión do uranio 235 e cara á creación da bomba atómica. Como premio polo seu descubrimento outorgóuselle a Medalla Hughes da Royal Society en 1932 e o Premio Nobel de Física en 1935. Tamén descubriu o tritio.

    Máis tarde descubriu que un científico alemán identificara ao neutrón ao mesmo tempo. Con todo, Hans Falkenhagen temía publicar os seus resultados. Cando Chadwick soubo do descubrimimento de Falkenhagen ofreceulle compartir o Premio Nobel. Falkenhagen, con todo, rexeitouno.

    O descubrimento de Chadwick posibilitou a creación de elementos máis pesados que o uranio no laboratorio. O seu descubrimento inspirou a Enrico Fermi, físico italiano e tamén Premio Nobel, descubrir reaccións nucleares que se desencadeaban mediante o emprego de neutróns retardados, o que levou a Lise Meitner a descubrir a fisión nuclear, a clave da bomba atómica.

    Liverpool

    Chadwick foi profesor de física na Universidade de Liverpool desde 1935. Como resultado do "memorándum Frisch-Peierls" en 1940 sobre a factibilidad da bomba atómica foi incorporado ao Comité MAUD, que investigou a cuestión. Visitou Norte América como na Misión Tizard de 1940 para colaborar con estadounidenses e canadenses na investigación nuclear. Tras volver a Inglaterra en novembro de 1940, concluíu que nada sacaría das investigacións ata o final da guerra. En decembro de 1940, Franz Simon, encargado de MAUD, afirmou que era posible separar o isótopo do uranio 235. O informe de Simon incluía as estimacións de custos dunha gran planta de enriquecemento de uranio. Máis tarde, James Chadwick escribiría que "foi naquela época cando me dei conta de que a bomba atómica non só era posible, tamén inevitable. Entón empecei a tomar somníferos. Era o único remedio."

    Pouco despois uniuse ao Proxecto Manhattan nos Estados Unidos, que desenvolveu a bomba atómica lanzada en Hiroshima e Nagasaki.Que foi o 9 de agosto de 1945. Chadwick foi ordenado "sir" en 1945. Desde 1946, foi asesor da Comisión da Enerxía Atómica das Nacións Unidas.

    Véxase tamén

    Ligazóns externas